viernes, 7 de noviembre de 2014

Ciencia que conta: "Nigrum Petroleum"

HOLA A TODOS!
Hoy os voy a enseñar un relato del concurso "Ciencia que conta" del año pasado, que es un concurso organizado por la Universidad de Vigo junto con la Fundación Barrié. A este relato, nosotros le añadimos hiperenlaces. Para realizar esta entrada, seguí los siguientes pasos:
- 1º: Busqué el cuento que más me gustaba de los que se presentaron al concurso el año pasado en este pdf.
- 2º: Utilicé el PDF TO WORD CONVERTER para pasar el archivo en formato pdf a formato doc.
- 3º: Introducí el archivo en un documento de texto de Google Drive.
- 4º: Por último, inserté el documento de texto con los hiperenlaces en el blog. Aquí os lo dejo:
Nigrum Petroleum
Sara Álvarez Martín
IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)
Aquela mañá erguinme cedo. Estaba especialmente leda posto que ese día todas as clases de 1º e 2º de ESO fariamos unha saída didáctica a unha exposición sobre o acontecido na catástrofe do Prestige, o barco afundido en novembro de 2002. Pero o mellor non era iso, senón que cada un de nós levaría unhas google glasses coas que poderiamos gozar da realidade aumentada, grazas a un proxecto que se puxera en marcha neste curso.
Baixei as escaleiras da miña casa e atravesei a porta da cociña onde me esperaba a miña nai. Almorcei unhas torradas e un vaso de leite. Xusto antes de saír asegureime de levar todo, collín a miña chaqueta e marchei. O autobús recolleume na miña parada á hora de sempre e cando cheguei ao instituto esperei a que soase o timbre e fun correndo á miña clase. Dixéronnos que os profesores que nos acompañarían á excursión serían a de Ciencias naturais e o de Tecnoloxía, o coordinador do proxecto das google glasses.
Fomos en autobús cara á exposición a segunda hora da mañá. Senteime coa miña amiga Branca e estivemos falando do interesante e divertido que sería ter nas nosas mans unhas destas lentes e experimentar coa realidade aumentada. Despois dunha hora, por fin chegamos á exposición.
Dixéronnos que nos puxeramos en fileira e repartíronnos unhas lentes a cada un. Explicáronnos que as lentes eran moi fráxiles e que tiñamos que ter moito coidado de que non sufrisen danos. Puxen as miñas e de súpeto entrei noutro mundo. Ante os meus ollos apareceron menús onde podía escoller imaxes, vídeos, textos e gravacións, e eu podía seleccionar o que quixera. Aquilo era impresionante!
Chamoume a atención un vídeo dunha gaivota que trataba de remontar o voo. Iso ao que todos chamamos chapapote adheríaselle as ás e podía distinguir o esforzo infrutuoso e o sufrimento da pobre ave. Sentina tan vulnerable... morrería de frío, ou de fame, ou as dúas cousas. Nada máis rematar o vídeo o biólogo que nos daría a charla pediu que lle prestaramos atención un intre: «En novembro de 2002 o buque petroleiro coñecido como Prestige, naufragou traxicamente nas costas de Galiza...».
Ao mesmo tempo que escoitaba escollín ler un breve texto sobre o porqué morreran tantos exemplares de especies mariñas. Contaba que a maioría dos desastres petrolíferos ocorren no mar, sobre todo preto da costa, onde os ecosistemas son máis diversos. Ademais afectan á cadea alimenticia, pois o envelenamento petroleiro transmítese duns animais a outros. E o que máis me impresionou foi unha foto en 3D que saía ao final do texto, na que se vía a inmensa escuridade que producía a capa negra da superficie do mar, que ata impedía que os raios do sol atravesasen a auga, tan necesarios para a fotosíntese de moitos organismos. Tamén descubrín que afectaba dun xeito determinante á cadea trófica dos ecosistemas.
—Mara, atende o que di o biólogo –díxome Branca para tratar de que atendese.
—Si, é moi interesante pero non podo deixar de descubrir cousas mediante as lentes. Coido, Branca, que a realidade aumentada pode cambiar a nosa forma de aprender. Encántame esta combinación do noso cotorno real engadindo tantos elementos de información dixital, virtuais...
—Grrr!
—Vale, vale, xa calo e escoito!
O biólogo seguía coa súa explicación pero eu estaba inmersa nos fascinantes contidos das lentes, e ao parecer agora Branca facía o mesmo. Fixeime noutro daqueles marcadores xeométricos impresos que, de súpeto, se converteu nunha gaivota xigante, o seguinte nun vídeo que trataba da contaminación dos solos e ao final había un enlace co nome de «María Luisa Andrade Couce».
Entrei no enlace e alí informeime de que esta edafóloga galega, xunto con outros colegas, se fixo cargo da avaliación e do seguimento do impacto e recuperación dos solos e da vexetación das marismas prexudicadas polo Prestige. Observaron que diminuía a diversidade de plantas e que aínda que se liberaran os hidrocarburos máis lábiles, as resinas e os asfáltenos continuaban alí. Todo aquilo era fascinante.
—Mara! –chamoume o profesor de Tecnoloxía– Estás a prestar atención? —Si, si... Por suposto.
Volvín ao menú principal e comecei a ver fotos en 3D de voluntarios que limpaban as costas galegas, xa en marzo de 2003 cando, a pesar de que xa pasara un tempo dende a catástrofe, aínda quedaban moitísimos restos do desastre.
—Mara, temos que devolver as lentes –dixo Branca– agora mesmo.—Xa? Está ben...
Deixamos as lentes nunhas fundas, colocadas con moito coidado. Subimos ao autobús de novo; xa de volta ao instituto, de camiño, fun pensando en todo no que ocorrera hoxe. Non soamente aprendera sobre o vulnerables que somos fronte ás catástrofes medioambientais, senón que ademais agora sei que xa somos unha xeración mobile learning. Xa non podemos aprender nin ensinar sen os dispositivos móbiles. As TIC inúndano todo.
Cando por fin chegamos ao instituto de novo, fomos ás nosas clases. O profesor de tecnoloxía anunciou:
—O seguinte proxecto será coa metodoloxía da Flipped Class e traballaremos sobre ecoloxía galega.

Pouco sabía sobre o tema, pero sorrín igualmente, soaba ben, sobre todo porque a gravación de vídeo e son é o eixe sobre o que xiraría o proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario